Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006254/1996, interposto por Obras y Pavimentos Especiales, S.A.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0006254/1996, interposto por Obras y Pavimentos Especiales, S.A., sobre non pagamento das certificacións de obra números 6ª (parcial) e 7ª das de construcción dunha pista de atletismo do concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña), e xuros de demora, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativo, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

1925