Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 1997 Páx. 2.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997 pola que se concreta o lugar de desenvolvemento dun curso de medio ambiente e saúde.

Por non figurar no DOG número 56, do 21 de marzo, o lugar onde terá lugar o curso de medio ambiente e saúde, convocado por esta escola segundo Resolución do día 10 do mes actual, faise saber que a citada actividade se desenvolverá no salón de actos da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Coruña, praza de Pontevedra, 22-soto, entre os días 28 de abril ó 12 de xuño do ano en curso.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

97-2064