Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997 pola que se anuncia o concurso público 2/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dun sistema de análise térmica de materiais con identificación dos gases producidos para os servicios xerais de apoio á investigación (expediente 1010/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun sistema de análise térmica de materiais con identificación dos gases producidos, para os servicios xerais de apoio á investigación.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catorce millóns trescentas vinteseis mil catrocentas oitenta e catro pesetas (286.530 ptas.).

Garantía provisional: duascentas oitenta e seis mil cincocentas trinta pesetas (286.530 ptas.)

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

2155