Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 2/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Filoloxía (expediente 4001/1997).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Filoloxía.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: quince millóns trescentas mil pesetas (15.300.000 ptas.).

Garantía provisional: trescentas seis mil pesetas (306.000 ptas.)

A Coruña, 25 de febreiro de 1997.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

2161