Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997 pola que se anuncia o concurso público 2/1997, por procedemento aberto do mantemento de xardinería da Universidade da Coruña (expediente 2031/1997).

Convócase concurso público polo trámite de urxencia, para o mantemento de xardinería da Universidade da Coruña

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de mantementos por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

-Lote 1:

Orzamento de contratación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

-Lote 2:

Orzamento de contratación: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas.).

-Lote 3:

Orzamento de contratación: dous millóns cinco centas mil pesetas (2.500.000 de ptas.).

Fianza provisional: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

2156