Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (276/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo baixo o número 276/1995, por instancia de Renault Financiaciones, S.A., representado polo procurador García Piccoli, contra Aditivos Químicos del Norte, S.A., nos cales se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 18 de abril ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 450.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 19 de maio, ás 11.30 horas, na sala de audicencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, acordouse para a terceira poxa o próximo día 19 de xuño, ás 11.30 horas na sala de audicencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores-a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0276/1995, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Sétima.-En caso de que se suspendense calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Oitava.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se ó caso, como parte do prezo da venda.

Novena.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes, e sempre pola orde delas.

Décima.-O sinalamento do lugar, día e hora para remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

1. Vehículo turismo, marca Renault, modelo 21 GTD, matrícula C-5560-BF. Valorado en 450.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1997.

Rubricado

2100