Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1997 pola que se anuncia o concurso público aberto para a contratación da execución dun edificio para o Instituto Galego de Estatística (IGE) e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público aberto para a contratación da exe

cución dun edificio para o Instituto Galego de Estatística (IGE) e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano s/n, 15704, Santiago de Compostela. Tfno.: 54 41 34. Expediente 6/1997.

2. Obxecto do contrato.

Construcción de dous edificios, un para o Instituto Galego de Estatística e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica.

O parzo de execución será o seguinte:

Lote 1: edificio IGE será de 14 meses.

Lote 2: edificio do Igape será de 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1: cento noventa e seis millóns cincocentas vinteunha mil setecentas sesenta e seis pesetas (196.521.766).

Lote 2: trescentos corenta e seis millóns catrocentas oitenta e sete mil catrocentas once pesetas (346.487.411).

5. Garantía provisional.

Lote 1: tres millóns novecentas trinta mil catrocentas trinta e cinco pesetas (3.930.435).

Lote 2: seis millóns novecentas vinte e nove mil setecentas corenta e oito pesetas (6.929.748).

6. Información.

Nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, CP 15704, Santiago de Compostela, teléfono 54 41 34. Fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo II, categoría D.

8. Presentación de ofertas.

Os interesados poderán presenta-las súas proposicións por lotes individualmente ou pola totalidade deles. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía

e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo de San Caetano, s/n, CP 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas.

A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimoino da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

2108