Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (612/1996).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 612/1996, por instancia de Manuel Antelo Landeira e María Calvelo Novio, representados polo procurador Calviño Gómez, sobre nulidade de operacións particionais e outros extremos; por medio da presente cédula emprázanse o demandado herdeiros de Filomena Calvelo Novio, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Xurxo Cabeleiro de Saa

Secretario xudicial

1466