Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A., que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, o día 30-1-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios daa Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta de acordo da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Financera Maderera, S.A. (FINSA).

Ás 11.30 horas do día 30 de xaneiro de 1997, nos locais de Financiera Maderera, S.A., en Santiago de Compostela, reúnense as persoas relacionadas a seguir, integrantes da comisión paritaria do convenio de empresa de Financiera Maderera, S.A. (FINSA), para os seus centros de traballo de Pontecesures e Santiago de Compostela, co obxecto de acadar un acordo sobre aplicación do incremento económico para o ano 1997, de acordo co establecido no convenio da empresa, que con vixencia ata o 31 de decembro de 1998, foi subscrito por ámbalas partes con data 19-7-1996.

Parte social:

Por UGT:

Álvaro Gabino Lois Fernández: DNI nº 33.239.000

Manuel García Pereira: DNI nº 33.227.507

José A. Carles Ares: DNI nº 33.235.809

Por CC.OO.:

Antonio Botana Iglesias: DNI nº 33.235.150

Parte empresarial:

Ángel Ramos García: DNI nº 13.674.362

Manuel Mera Franqueiro: DNI nº 33.222.779

Sara García Valiño: DNI nº 33.279.405

Ramón Vázquez Lista: DNI nº 32.753.769

Tralas consideracións que se xulgaron oportunas formuladas por cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-O primeiro ano de vixencia pactouse un incremento económico do 3,75%, cun crecemento garantido do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) do ano 1996 incrementado nun 0,25%.

Como queira que o IPC acumulado de xaneiro a decembro non acada a cifra establecida do 3,5% a partir da cal operaría a cláusula de salvagarda, non procede a regularización do incremento salarial correspondente a 1996.

Segundo.-Para 1997 segundo ano de vixencia do convenio, estableceuse un incremento porcentual nas retribucións do 3,75% garantindo, en todo caso, un crecemento salarial do IPC do ano 1997 incrementado nun 0,25%.

Do mesmo xeito que no primeiro ano de vixencia, aplicarase un incremento inicial do 3,75% con cláusula de regularización se a inflación acumulada do ano 1997 supera o 3,5%, suposto no que o incremento económico se axustaría ata o valor real de inflación máis un 0,25.

Terceiro.-O presente acordo de incremento económico dos conceptos salariais tomará efectos desde o un de xaneiro de 1997 e será de aplicación na nómina de xaneiro.

Cuarto.-As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 3,75% así como a compensación por antigüidade de 18.192 pesetas, que xa figura incluída na contía dos salarios de tódalas categorías.

O incremento do 3,75% aplicaráselles igualmente ós complementos ad personam.

Quinto.-Os valores do plus de locomoción son os que figuran no anexo III que manteñen os valores do ano 1996.

De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes a este concepto económico serán destinados como contribución obrigatoria do traballador ó plan de xubilación que terá que entrar en funcionamento a partir do ano 1998.

A cantidade de incremento do plus de locomoción correspondente ó ano 1997 será de 588 pesetas mensuais.

Esta cantidade resulta da actualización ó 3,75 do valor do plus de locomoción do ano 1996, sendo o novo valor de plus para este ano de 9.034 pesetas. Este valor é un promedio do plus de locomoción, con valor igual para tódalas categorías na empresa, establecido para efectos de determina-la contribución obrigatoria dos traballadores ó plan.

Sexto.-A bolsa de vacacións prevista no artigo 19 do convenio fíxase en 17.032 pesetas.

Así mesmo, e de conformidade co establecido no artigo 32 do convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución quedando establecida no valor de 3.790 pesetas mensuais.

O importe da compensación pola supresión da antigüidade, establecido en 18.192 pesetas ano, foi incluído no valor dos salarios base das distintas categorías.

O plus de xornada considerado no artigo 34, por mes efectivamente traballado ascende ás seguintes contías:

-Plus de tres quendas: 12.238 pesetas.

-Plus de catro quendas: 27.822 pesetas.

-Plus de dúas quendas e xornada partida: 9.686 pesetas.

En concepto de quebranto de moeda, os pagadores percibirán a cantidade mensual de 4.214 pesetas.

A mellora social prevista no artigo 44 do convenio fíxase en 475 pesetas.

A compensación transporte, considerado no artigo 46, para o persoal de Cesures establécese en 2.274 pesetas.

Sétimo.-O importe do plus de especialidade de mantemento, unha vez aplicado o incremento de convenio terá os seguintes valores:

Oficial 1ª e 2ª: 28.531 pesetas.

Oficial 3ª: 18.156 pesetas.

Oitavo.-De conformidade co artigo 18 do convenio, para o persoal a quenda partida, dúas e tres quendas, os festivos oficiais que coincidan en sábado serán trasladados a unha data que terán que determinar entre a dirección da empresa e o comité de empresa de cada centro de traballo.

Para o ano 1997 coinciden en sábado os festivos do 17 de maio, 1 de novembro e 6 de decembro, que serán compensados nos centros de Cesures e Santiago de Compostela.

Para o centro de Santiago de Compostela compensarase tamén o 16 de agosto a tódolos traballadores que non estean a desfrutar vacacións nesa data.

Noveno.-Delegar en Ángel Ramos García para que presente esta acta e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que por esta se lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

ANEXO I

Táboas salariais desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997.

Con compensación antigüidade

CategoríasSalario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón95.3053.1341.378.960
Peón especialista96.0973.1601.390.400
Capataz de peóns98.1043.2261.419.440
Axudante98.1043.2261.419.440
Oficial segunda101.3513.3331.466.520
Oficial primeira108.3233.5631.567.720
Xefe de equipo128.6694.2321.865.701
Xefe de quenda131.9004.3361.912.550
Encargado de sección135.1224.4441.959.269

Persoal mantemento
Aprendiz73.4852.4171.063.480
Oficial de terceira103.4173.4011.496.440
Oficial de segunda111.6563.6701.614.800
Oficial de primeira122.3864.0251.774.597
Xefe de equipo141.4734.6542.051.359
Xefe de taller180.6945.9392.620.063
Xefe de mantemento200.5636.5952.908.164

Persoal subalterno
Dep. econ./pesad./orden.97.9953.2201.416.800
Porteiro/vixilante/garda/

listeiro/almaceneiro/

chofer turismo

102.5103.3701.482.800
Conductor mecánico108.9233.5821.579.384

Persoal administrativo
Aspirante86.5832.8461.255.454
Auxil/Telefon./Mecang.97.8933.2201.419.449
Oficial de segunda115.0753.7821.668.588
Oficial de primeira127.3414.1871.846.445
Xefe142.5974.6872.067.657
Xefe administrativo174.1805.7262.525.610

Persoal técnico
Analista97.9963.2211.417.240
Delineante115.0013.7811.667.515
ATS115.0013.7811.667.515
Perito130.0694.2761.886.001
Técnico proxectista132.5014.2521.921.265
Licenciado/enxeñeiro174.1805.7262.525.610

ANEXO II

Táboas horas extras 1997.

CategoríasHora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal fabricación
Peón7541.3211.512
Peón especialista7681.3371.527
Capataz de peóns7721.3521.548
Axudante7721.3521.548
Oficial segunda8091.4151.613
Oficial primeira8611.5101.727
Xefe de equipo1.0001.7511.999
Xefe de quenda1.0251.7932.050
Encargado de sección1.0511.8382.098

Persoal mantemento
Aprendiz5689861.129
Oficial de terceira8101.4171.620
Oficial de segunda8751.5301.753
Oficial de primeira9661.6931.935
Xefe de equipo1.1271.9692.251
Xefe de taller1.4162.4792.834
Xefe de mantemento1.6022.8013.199

CategoríasHora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal subalterno
Dep. econ./pesad./orden.7711.3501.544
Porteiro/vixilante/garda/

listeiro/almaceneiro/

chofer turismo

8171.4291.634
Conductor mecánico8861.5481.770

Persoal administrativo
Aspirante6651.1641.331
Auxil/Telefon./Mecang.7541.3181.509
Oficial de segunda8931.5581.783
Oficial de primeira9931.7351.986
Xefe1.1101.9462.229
Xefe administrativo1.3592.3782.721

Persoal técnico
Analista7521.3151.501
Delineante8931.5581.783
ATS000
Perito1.0061.7632.017
Técnico proxectista1.0291.8042.062
Licenciado enxeñeiro1.3592.3782.721

ANEXO III

Plus de locomoción 1997.

CategoríasQuenda partidaDúas quendasTres quendasCatro quendas

Persoal fabricación
Peón6.8088.8969.1669.523
Peón especialista6.8088.9129.1849.541
Capataz de peóns6.8298.9769.2569.614
Axudante6.8298.9769.2569.614
Oficial segunda6.8519.0809.3689.726
Oficial primeira6.8589.2079.4929.849
Xefe de equipo6.9899.78710.10710.456
Xefe de quenda6.9919.85010.17410.531
Encargado de sección6.9939.91510.23310.588

Persoal mantemento
Aprendiz6.6758.3068.5458.902
Oficial de terceira6.8519.1119.3929.776
Oficial de segunda6.8909.3279.6279.983
Oficial de primeira6.9559.6199.93310.291
Xefe de equipo7.03310.08810.42110.777
Xefe de taller7.24111.11811.50511.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.07512.432

Persoal subalterno
Dep. econ./pesad./orden.6.8218.9649.2359.590
Porteiro/vixilante/garda/

listeiro/almaceneiro/

chofer turismo

6.8329.0749.3569.713
Conductor mecánico6.8779.2609.5589.915

Persoal administrativo
Aspirante6.729000
Auxil/Telefon./Mecang.6.818000
Oficial de segunda6.901000
Oficial de primeira6.962000
Xefe7.048000
Xefe administrativo7.235000

Persoal técnico
Analista6.822000
Delineante6.901000
Perito6.979000
Técnico proxectista6.980000
Licenciado enxeñeiro7.235000

Quen estea a percibir un plus de locomoción superior ó que, para a súa categoría, aparecen nesta táboa, verán incrementado o exceso sobre a dita táboa nun 3,75%.

1355