Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de marzo de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifican as relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Industria e Comercio e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Os reais decretos 1639/1996 e 1640/1996, do 5 de xullo (BOE nº 184, do 31 de xullo) traspasaron á Xunta de Galicia funcións e servicios da Administración do Estado en materia de asociacións e espectáculos públicos respectivamente, que foron asumidos polo Decreto 336/1996, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 17 de setembro) e asignados á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Pola súa parte, o Decreto 292/1996, do 26 de xullo (Diario Oficial de Galicia 147, do 29 de xullo) fixou unha nova estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, producíndose a adscrición dos órganos dependentes dos novos centros directivos da consellería en virtude da Orde do 29 de xullo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 150, do 1 de agosto). Por último, o Real decreto 2397/1996, do 22 de novembro (BOE nº 303, do 17 de decembro) traspasou á Xunta de Galicia funcións e servicios da Administración do Estado en materia de medios persoais ó

servicio da Administración de xustiza.

O Decreto 400/1996, do 31 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 226, do 19 de novembro) na disposición adicional primeira crea a Xefatura de Servicio do Portelo Único na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio.

Todo isto, así como a proposta de modificación da relación de postos de traballo efectuada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, fai necesario modificar parcialmente as relacións de postos de traballo das citadas consellerías.

En consecuencia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Industria e Comercio e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo I, II e III da presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1997.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da Presidencia eConselleiro de Economía

Administración Públicae Facenda

ANEXO I

Na relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, e no centro de destino Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Autónomas, páxina 8.675 prodúcese a seguinte modificación:

O posto «PR.P03.00.000.15770.114.- Xefe Negociado Habilitación N-20» pasa a ser:

Código do posto: «PR.P03.00.000.15770.114»

Denominación: «Xefe Sección de Habilitación»

Vacante: «Non»

Nivel: «25»

Complemento específico: «1.147.368»

Tipo de posto: «S»

Forma de provisión: «LD»

Grupo: «ABC»

Tipo admón.: «Xeral»

ANEXO II

Na relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, prodúcense as seguintes modificacións:

Na páxina 8.822 no centro de destino «D. X. Industria» engádese un posto de nova creación:

Código do posto: «IC.C03.00.000.15770.026»

Denominación: «Xefe Servicio Portelo Único»

Vacante: «Si»

Nivel: «28»

Complemento específico: «1.639.104»

Tipo de posto: «N»

Forma de provisión: «LD»

Grupo: «AB»

Tipo admón.: «Xeral»

Titulación académica: «2998»

1949