Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de marzo de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

O Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e seis, acordou modifica-la relación de postos de traballo publicada no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 11 de setembro de 1996.

En consecuencia, por proposta do Consello Consultivo de Galicia, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia nos termos que se sinalan no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1997.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da Presidencia eConselleiro de Economía

Administración Públicae Facenda

ANEXO I

Relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia

A relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, publicada no DOG nº 178, do 11 de setembro de 1996 (páxinas 8319 e 8320), modifícase nos seguintes termos:

-Persoal funcionario.

O posto con código «004.-Arquivador-bibliotecario», pasa a denominarse «Arquiveiro-bibliotecario».

Os postos «008.-Auxiliar» e «009.-Auxiliar», pasan a denominarse «Auxiliares administrativos» e na columna «Formación específica» engádese o código «022».

O posto con código «010.-Subalterno», pasa a te-lo código «015»

O posto con código «011.-Subalterno», suprímese.

Engádense dous postos de traballo de nova creación cos códigos «010» y «011» coas seguintes características:

Denominación: «Auxiliar administrativo»

Vacante: «Si»

Nivel: «12»

Complemento específico: «426.156»

Tipo de puesto: «N»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «D»

Tipo admón.: «xeral»

Formación específica: «022»

-Persoal laboral.

Engádense catro postos de traballo de nova creación cos códigos «023, 024, 025 e 026» coas seguintes características:

Denominación: «Conductor 1ª»

Vacante: «Si»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «III»

Categoría: «63»

Plus de convenio: «745.200»

Observacións: «Dispoñibilidade horaria»

2067