Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 14 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica, para os efectos de notificación, a proposta de resolución de expediente sancionador 93/1996.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle ó expedientado que se identifica cos datos que a continuación se relacionan a proposta de resolución de expediente sancionador, por infracción o decreto 239/2986, do 24 de xullo (DOG do 11 de agosto), sobre manipuladores de alimentos.

O interesado dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente a presentar alegacións, na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, 13), segundo o preceptúan os artigos 23 e s.s. do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Nº de expediente: OR-93/1996.

Destinatario: Francisco José Otero Pérez

Enderezo: Praza de Santa María, 3, Vilalba (Lugo).

Ourense, 19 de febreiro de 1997.

P.A.

Mª Isabel Suárez García

Instructora

1587