Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitucións, modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación AGRO-LAIA S.A.T. nº 944 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Laia - Palas de Rei (Lugo); obxecto social: producción e comercialización de leite de vaca; capital social: 18.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación O MIRADOIRO" S.A.T nº 945 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Abrais-Braña-Baleira (Lugo); obxecto social: explotación de gando vacún de leite; capital social: 11.100.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación FRADE-FERREIROS S.A.T. nº 946 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Ferreiros-Vila de Cruces (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social:13.650.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación LEDO S.A.T. nº 947 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Fufín-Monterroso (Lugo); obxecto social: explotación de gando vacún de leite; capital social: 3.240.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación SAN ESTEBO DE ABELLAN S.A.T. nº 810 XUGA, na asemblea xeral do 31-12-1994 acordan por unanimidade a alta e baixa de socios e o nomeamento de nova xunta rectora, sen variación do seu capital social. A xunta rectora intégrana: presidente: Eloy Sánchez Montaña; secretario: Manuel Luis Suárez Pedreira e vocais: Jesús Rodríguez García, Mª Lourdes Rodríguez Uzal, Manuel Pernas Sánchez e José Luis Barreiro Uzal.

A sociedade agraria de transformación PYCFLORGA S.A.T. nº 896 XUGA, na asemblea xeral do 31-12-1996 acordan por unanimidade a alta e baixa de socios e o nomeamento de nova xunta rectora, integrada por: presidente: Román Alonso Otero; secretario: Juan José Alonso Otero e vocal: José Manuel Souto Gómez.

A sociedade agraria de transformación AGRITONSA S.A.T. nº 881 XUGA, na asemblea xeral do 15-7-1996 acordan por unanimidade a admisión dun socio producíndose un aumento do capital social, pasando de 2.625.000 ptas. a un definitivo capital social de 3.500.000 ptas. Así mesmo nomean nova xunta rectora, quedando integrada por: presidente: Mª José Núñez Vázquez; secretario: Juan José Alonso Otero; tesorera: Mª Dolores Vilariño Grande e vocal: José Manuel Núñez Vázquez.

A sociedade agraria de transformación TAMBRE S.A.T. nº 753 XUGA, na asemblea xeral do 26-11-1996 acordan por unanimidade a alta e baixa de socios e o nomeamento de nova xunta rectora, sen variación do seu capital social, a súa xunta rectora, queda integrada por: presidente: Antonio Domínguez Vilariño; secretario: Julián Domínguez Noya; e vocais: José Sánchez Fraga, Manuel Ramas Rodríguez, Juan Rodríguez Castro e Jesús Noya Barreiro.

A sociedade agraria de transformación ALBARELLOS S.A.T. nº 2946, na asemblea xeral do 2-1-1997 e en segunda convocatoria acordan por unanimidade aproba-lo nomeamento de nova xunta rectora, integrada por: presidente: José Rodríguez Rodríguez; secretario: Manuel Guerra; Vocais: Gregorio Fernández Ramos, Vicente Feijoó Nóvoa, Nicolás Nóvoa Carballeda, Ángel Rodríguez Martínez e Manuel Medeiros Feijoó. Así mesmo cambian o domicilio social ó salón parroquial de Albarellos-Monterrei.

Disolucións-Cancelacións de:

A sociedade agraria de transformación VISULLA S.A.T. nº 568 XUGA, nas asembleas xerais do 12-9-1996 e do 1-11-1996 acorda por unanimidade a disolución e cancelación da S.A.T. despois de acepta-lo informe final que presentaron os socios liquidadores.

A sociedade agraria de transformación RIOTINTO-CALO-TEO S.A.T. nº 4255 cancélase por pasar mais dun ano da súa disolución.

Baixa provisional de:

A sociedade agraria de transformación HERMANOS BARRAL S.A.T. nº 656 XUGA, por acordo do 18-12-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria dáse de baixa no Índice de Entidades. Prodúcese para este ente xurídico por imperativo legal a suspensión de tramitacións administrativas neste Rexistro de SS.AA.TT, en tanto en canto permaneza esta situación.

A sociedade agraria de transformación VISONES MONTEFARO S.A.T. nº 456 XUGA, por acordo do 17-12-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria dáse de baixa no Índice de Entidades. Prodúcese para este ente xurídico por imperativo legal a suspensión de tramitacións administrativas neste Rexistro de SS.AA.TT., en canto permaneza esta situación.

A sociedade agraria de transformación TRAIDA DE AGUAS CARITEL Y CARITEL DE FORZANES S.A.T. nº 511 XUGA, por acordo do 17-12-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria dáse de baixa no Índice de Entidades. Prodúcese para este ente xurídico por imperativo legal a suspensión de tramitacións administrativas neste Rexistro de SS.AA.TT., en canto permaneza esta situación.

A sociedade agraria de transformación VIRTA VISON S.A.T. nº 512 XUGA, por acordo do 17-12-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria dáse de baixa no Índice de Entidades. Prodúcese para este ente xurídico por imperativo legal a suspensión de tramitacións administrativas neste Rexistro de SS.AA.TT., en tanto en canto permaneza esta situación.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1997.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1702