Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun proxecto de recuperación e clausura do solo contaminado do vertedoiro de Mougá en Ferrol.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 6/1997.

Obxecto do contrato: realización do proxecto de recuperación e clausura do solo contaminado existente no vertedoiro de Mougá en Ferrol.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución será de catro meses desde o día seguinte ó do asinamento do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: nove millóns seiscentas mil pesetas (9.600.000 ptas.).

Garantías: provisional, 2% do orzamento de contrato (190.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncnio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

1758