Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997 pola que se anuncia -trámite de urxencia- a licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave R/PO/97.2 e dous máis.

a) Obra.

1. Acondicionamento da plataforma na PO-313 Marín-Moaña do p.k. 1+250/16+540, concellos de Marín e Moaña.

Clave: R/PO/97.2.

Orzamento: cento trinta e sete millóns cincuenta e tres mil catrocentas vinteseis pesetas (137.053.426).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 2.741.069.

2. Acondicionamento da plataforma C-550 Baiona-Oia p.k. 146+490/164+700, concellos de Baiona e Oia.

Clave: R/PO/97.7.

Orzamento: douscentos trinta e dous millóns catrocentas oitenta e unha mil novecentas noventa e tres pesetas (232.481.993).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 4.649.640.

3. Acondicionamento da plataforma C-550 Marín-Bueu p.k. 85+960/98+450, concellos de Marín e Bueu.

Clave: R/PO/97.8.

Orzamento: cento corenta e un millóns cincocentas trinta e oito mil trescentas vintedúas pesetas (141.538.322).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 2.830.766.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de compostela, 13 de marzo de 1997.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2031