Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alargamento e mellora da estrada OU-401. Treito: Ribadavia-límite da provincia, clave N/OU/89.4.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 15 de outubro de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 394/1996, do 31 de outubro, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Melón e Ribadavia, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello de Melón

DataHoraNúm. predio

31-3-1997de 12 a 14do 001 ó final

-Casa da cultura do Concello de Ribadavia

DataHoraNúm. predio

1-4-1997de 9 a 14do 001 ó 075

de 16 a 18do 076 ó 100

2-4-1997de 9 a 14do 101 ó 200

de 16 a 18do 201 ó 250

DataHoraNúm. predio

3-4-1997de 9 a 14do 251 ó 350

de 16 a 18do 351 ó 400

4-4-1997de 9 a 14do 401 ó 500

de 16 a 18do 501 ó 550

7-4-1997de 9 a 14do 551 ó 650

de 16 a 18do 651 ó 700

8-4-1997de 9 a 14do 701 ó 800

de 16 a 18do 801 ó final

3. Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse se o consideran dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante a Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, rúa Sáenz Díaz 1, as alegacións que consideren pertinentes có obxecto de emendar posibles errros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 3 de marzo de 1997

José Manuel González Sánchez

Xefe provincial de Estradas de Ourense

2030