Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de decembro de 1995, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión conxunta celebrada o día de hoxe por ámbolos dous tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidad co disposto na base II.2.1.c) da convocatoria:

1. Que o terceiro exercicio, consistente na proba eliminatoria de galego, que terá por obxecto a traducción de dous textos, un do castelán para o galego e outro do galego para o castelán, elixidos, nos dous casos, de entre tres textos propostos polos tribunais, terá lugar o día 5 de abril de 1997, ás 11.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela. A entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10.30 horas.

Só poderán comparecer á súa realización os aspirantes que superasen o segundo exercicio.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

2. De acordo coa base II.3.3, os aspirantes serán convocados en único chamamento.

3. Así mesmo, deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (base II.2.3) e, en calquera momento, poderán ser requiridos polos tribunais coa finalidade de acredita-la súa personalidade (base II.3.2).

4. Finalmente, os opositores tamén deberán comparecer provistos de bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1997.

Joaquín López Rúa-SolerJavier Suárez García

Presidente do tribunalPresidente do tribunal

número unnúmero dous

1978