Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997 pola que se anuncia -trámite de urxencia- a licitación da poxa polo procedemento aberto das obras de clave CC/PO/97.1 e catro máis.

A) Obras.

1. Acondicionamento e afirmado da estrada de Castelo ó Pontillón de Castro, fase 1ª, Pontevedra. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Pontevedra 16-10-1996.

Clave: CC/PO/97.1.

Orzamento: dezaseis millóns oitenta e cinco mil cento doce pesetas (16.085.112).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Garantía provisional: 321.702.

2. Acondicionamento da plataforma na PO-F Travesía de Sanxenxo p.k. 0+000/0+920.

Clave: R/PO/97.1.

Orzamento: dezaseis millóns oitocentas cincuenta e nove mil cen pesetas (16.859.100).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Garantía provisional: 337.182.

3. Acondicionamento da plataforma na PO-232 de San Xurxo de Sacos a Carballedo, Pontevedra.

Clave: R/PO/97.3.

Orzamento: trinta e seis millóns novecentas noventa e sete mil cento once pesetas (36.997.111).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 739.942.

4. Acondicionamento da plataforma na PO-340 Gondomar-A Ramallosa p.q. 18+960/23+300 Gondomar, concellos de Gondomar e Nigrán.

Clave: R/PO/97.4.

Orzamento: corenta millóns duascentas setenta mil oitocentas noventa e cinco pesetas (40.270.895).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación:Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 805.418.

5. Acondicionamento da plataforma na PO-303 Samieira-Meaño p.q. 0+000/2+600, concello de Poio.

Clave: R/PO/97.5.

Orzamento: trinta e tres millóns cento setenta e sete mil duascentas dezaoito pesetas (33.177.218).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 663.544.

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que

non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2032