Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Domínguez Areal, Jaime e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1º-D da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o potestaivo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América bloque 1 portal oficinas 1ª planta-Vigo, ámbolos dous no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo no prazo establecido para os recursos poderá promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, a dita solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Domínguez Areal, JaimeEstrada 24-1º

Vigo

132.252D-1348/95

Exp. 875/93

Gómez Casal, MargaritaPolicarpo Sanz 7-1º

Vigo

205.892

5.291

S-804/96

T30020/96

Exp. 476/87

Pérez López, Carmen C.Dr. Corbal 166-B

Vigo

240.003S-735/95

Exp. 1413/93

Vázquez Mato, FranciscoHispanidade 76

Vigo

854.666S-420/95

Exp. 1373/93

Vázquez Mato, IgnacioHispanidade 76

Vigo

854.666S-419/95

Exp. 1373/93

Vigo, 29 de xaneiro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1749