Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio de operadores/as de radioteléfono de SOS-Galicia, no CECOP-Galicia e nos CECOPs-Provinciais.

Orzamento máximo: 102.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: do 1-6-1997 ó 31-5-1998: doce meses.

Fianza provisional: 2.040.000 ptas.

Fianza definitiva: 4.080.000 ptas.

Forma de tramitación: ordinaria.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación xeral, a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre de proposición económica, a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre das referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.5 do prego de cláusulas administrativas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Apertura de proposición: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ás 12 horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó de peche do prazo de presentación de proposicións.

Documentos de interese para os licitadore: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de proposicións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa Algalía de Arriba, nº 31, Santiago de Compostela.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente

1747