Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.434

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito administrativo, do departamento de Dereito Público, a Pablo Menéndez García (praza 44/1995).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída par xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 27 de outubro de 1995 (BOE do 24 de novembro) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito administrativo, do departamento de Dereito Público, a prol de Pablo Menéndez García, DNI número 05.251.207, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto l888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposiciós que se desenvolven, resolveu nomear a Pablo Menéndez García catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito administrativo, do departamento de Dereito Público.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de febreiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1960