Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican comprobación de valores e liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Alonso Fernández, Enrique e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, do réximen xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1º do Real decreto lexislativo 1/1993 do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobados polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, Plaza América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta Vigo, ámbolos dous no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo, no mesmo prazo e en corrección dos resultados de comprobación de valores, promove-la práctica de tasación pericial contradictoria, o que determinaría a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Alonso Fernández EnriqueCastrelos 116-7-D

Vigo

14.460J.443/96

Exp.978/8

Álvarez Costas Rosa M.Gran Vía 114-2

Vigo

56.208T-301/96

Exp.14096/91

Cristino Luque LuisLopez de Hoyos

468-5-B

Madrid

5.005J-649/96

Exp.13681/93

Estévez Álvarez DoloresZZaragoza 7-4-C

Vigo

12.800J-467/96

Exp.2303/96

Gómez y Fernández C.B.Vilariño-Tomadas

Nigrán

7.478T-379/96

Exp.15/91

Promociones Cero S.ACoruña 25-9-A

Vigo

590.400T-445/96

Exp.2318/89

Rodríguez Vázquez Enrique MGran Vía 134-7-A

Vigo

22.215J-374/96

Exp.16525/89

Vigo, 29 de xaneiro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1748