Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.430

V.7. a) Muflón macho de 2 anos. 120.000 ptas./unidade.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 52/1997, do 26 de febreiro, polo que se crean delegacións das comisións provinciais de asistencia xurídica gratuíta en Santiago de Compostela e Vigo.

Polo Real decreto 2166/1994, do 4 novembro, transfírenselle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza; funcións e servicios que foron asumidos polo Decreto da Xunta de Galicia 394/l994, do 29 de decembro, e asignadas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Coa entrada en vigor da Lei l/l996, do l0 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, o l2 de xullo de l996, procedeuse a constituír as comisións de asistencia xurídica gratuita en cada capital de provincia da Comunidade Autónoma de Galicia, aplicando así o disposto no artigo l0 da citada lei.

Transcorridos varios meses desde a constitución destas comisións constatouse a necesidade de crear delegacións nas comisións de asistencia xurídica gratuíta da Coruña e de Pontevedra, en Santiago de Compostela e en Vigo respectivamente, debido ó volume de asuntos que hai que tratar. A creación destas delegacións prevese na Lei l/l996, e regúlase especificamente no Real decreto 2l03/l996, do 20 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta.

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo lº.-Creación das delegacións e ámbito territorial delas.

1. Nas comisións de asistencia xurídica gratuíta da Coruña e de Pontevedra, créanse as delegacións de Santiago de Compostela e de Vigo respectivamente.

2. As referidas delegacións terán o ámbito territorial correspondente ós respectivos partidos xudiciais de Santiago de Compostela e de Vigo.

Artigo 2º.-Composición.

1. As delegacións estarán integradas, cada unha delas, polos seguintes membros:

a) Un membro do Ministerio Fiscal designado polo fiscal xefe da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou polo fiscal xefe da Audiencia Provincial que corresponda, que as presidirá.

b) O decano do colexio de avogados do respectivo partido xudicial, ou o avogado que aquel designe.

c) O decano do colexio de procuradores do repectivo partido xudicial, ou o procurador que aquel designe.

d) Dous funcionarios da Xunta de Galicia: un deles deberá estar adscrito á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pertencer a corpos ou escalas dos grupos A ou B, e será designado polo director xeral de Xustiza e Administración Local, e o outro será un letrado dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia, designado polo director xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

2. As funcións de secretario das delegacións das comisións corresponderanlle ó funcionario designado polo director xeral de Xustiza e Administración Local.

3. Co obxecto de garanti-la continuidade dos traballos e o bo funcionamento das delegacións, nomearase un suplente por cada un dos membros titulares, que serán designados da mesma maneira que estes. Os membros titulares e suplentes serán os únicos habilitados para participar nas delegacións, intervindo os suplentes en defecto ou imposibilidade de asistencia dos membros titulares. Os sucesivos cambios, que se produzan nos ditos nomeamentos deberán comunicárselle con polo menos, un mes de antelación ó momento en que se vaían producir, á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que os porá en coñecemento do presidente da delegación respectiva.

Artigo 3º.-Criterios de actuación das delegacións.

As delegacións creadas por este decreto, que terán as mesmas funcións cás comisións de asistencia xurídica gratuíta, estarán suxeitas ás directrices de actuación e ós criterios xerais que, para recoñece-lo dereito á asistencia xurídica gratuíta, adopten as comisións provinciais.

Disposición transitoria

Única.-Ás delegacións creadas por este decreto seranlle de aplicación, en tanto non se publique o regulamento autonómico de asistencia xurídica gratuíta, as regras de funcionamento previstas no Real decreto 2103/1996, do 20 de setembro, polo que se aproba o Regulamento estatal de asistencia xurídica gratuíta.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1853