Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.431

V.7. a) Muflón macho de 2 anos. 120.000 ptas./unidade.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 53/1997, do 6 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Burela (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización e dotación de servicios na rúa do Barridal de Burela.

O Concello de Burela (Lugo), en sesión celebrada o día 27 de setembro de 1996, acordou aproba-lo proxecto de urbanización e dotación de servicios na rúa do Barridal de Burela en a mesma sesión

acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21 de xaneiro de 1997 baixo o número 689.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20 de febreiro de 1997, nº 2157.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque se trata de dotar de servicios básicos como subministración de auga potable e sumidoiros a unha zona que na actualidade carece deles ou que son insuficientes. Por outra parte, ó carecer de sumidoiros de augas pluviais, cando chove prodúcense arrastres que incluso provocan o taponamento da rede de sumidoiros existente na estrada xeral, xerándose problemas no tráfico rodado.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día seis de marzo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Burela (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras o proxecto de urbanización e dotación de servicios na rúa do Barridal en Burela.

Santiago de Compostela, seis de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1735