Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 13 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), de notificación da documentación requirida polo Servicio de Inspección Tributaria para ultima-la tramitación do expediente de Miguel Sio Pereira.

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no Art. 59,4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das

administracions públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se indica, para que procedan a aporta-los documentos requiridos polo Servicio de Inspección Tributaria.

Co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se citan, deberán no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, xunta-la documentación solicitada ante o Servicio de Inspección Tributaria desta Delegación Territorial, praza de América, bloque 1-portal oficinas 2º planta Vigo . Transcorrido o prazo sen que se cumpra co trámite, incorrerase nas responsabilidades que por infracción tributaria determina o Art.78 da Lei xeral tributaria do 28 de decembro de 1963, modificada pola Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE nº 174 do 22 de xullo), Art.82.1 con sancions de ata 200.000 pesetas, segundo o citado artigo.

Contribuínte: Sio Pereira Miguel

Enderezo: Av. Peruleiro 53-4º D; A Coruña.

Documentos:

-Declaración do IRPF e do imposto sobre o patrimonio (anos do exercicio e anterior).

-Factura e Doc. equivalente, da adquisición dos vehículos de motor (adquiridos desde a data do exercicio.

-Xustificante do pagamento dos ditos vehículos e se é o caso forma de financiamento.

Vigo, 13 de febreiro de 1997.

Pedro J. Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1750