Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto, e con trámite de urxencia, dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: realización dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orzamento de licitación: 12.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: do 15 ó 30 de abril de 1997.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 240.000 pesetas.

Fianza definitiva: 480.000 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 31 de marzo de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 3 de abril de 1997.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

1697