Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 309, que afecta os montes de Ribavella, de Coenlleira e de Xarás, da parroquia de Artes, concello de Ribeira, desta provincia.

Reunido con data 8 de xullo de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente nº 309, para a cualificación dos montes de Ribavella, de Coenlleira, e de Xarás, da parroquia de Artes, concello de Ribeira, iniciado polo acordo do xurado na súa reunión de data 18-5-1993, por solicitude dos veciños da parroquia de Artes de data 6-5-1993, e do que se procedeu á correspondente tramitación e a publicación de edictos no DOG (nº 121 do 26-6-1995), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

Celebrada sesión no día de hoxe, para a cal que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, compareceron as representacións dos promotores, así como a do Concello de Ribeira.

Á vista do alegado polas partes interesadas, así como da manifestación de renuncia feita pola parte promotora, o xurado acordou acepta-la dita renuncia, e decidiu o arquivo do expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 8 de xullo de 1996.

Vº e Pr.

Manuel Puente Araújo

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Rogelio Aramburu Núñez

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

1645