Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública unha relación de rexistros mineiros desta provincia dos que os terreos quedaron francos e rexistrables. (2731 e dezaoito máis).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber, que como resultado do concurso público de rexistros mineiros, convocado no Boletín Oficial del Estado do 13 de xuño de 1996, quedaron francos e rexistrables os terreos correspondentes ós rexistro mineiros obxecto do concurso, a excepción das superficies adxudicadas ós seguintes permisos de investigación, que se sinalan polo seu nome e número de rexistro.

Ampliación a Doña Gloria número 2.731; Laxe da Cruz número 2.732; Cotarel número 2.733; Pedra número 2.734; Coto número 2.735; Pedra que Fala número 2.736; Madanela número 2.737; Longadas número 2.738; Balmau número 2.739; Coto Rape número 2.740; Aranda número 2.741; Festa número 2.742; Helena número 2.743; Rañada número 2.744; Viñavella número 2.745; Despedrada número 2.746; Luna número 2.747; Rita número 2.748; Fojo número 2.749.

Nos terreos francos e rexistrables citados anteriormente exceptúanse os recursos da reserva do estado Tomiño número 244, na superficie ocupada por esta, así como as autorizacións da sección A) e B) da Lei de minas preexistentes.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 73 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978, declarando franco e rexistrable o terreo antes sinalado, admitíndose novas solicitudes unha vez transcorridos os oito días hábiles ó da publicación no BOE.

Pontevedra, 10 de febreiro de 1997.

Ramén Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1648