Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da documentación presentada referente ó convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a clarificación interpretativa da comisión paritaria do convenio colectivo da construcción, así como a adecuación ó acordo sectorial da construcción do texto do devandito convenio colectivo, realizada pola comisión deliberadora do convenio do sector da construcción desta provincia, ámbalas dúas con data 22 de xaneiro de 1997. Para xeral coñecemento das partes afectadas polo devandito convenio colectivo de traballo, ó amparo do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como do artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1982, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de

traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito da documentación achegada no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la publicación da documentación achegada no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento das partes afectadas, e por tratarse de materia concernente a convenio colectivo de traballo.

Vigo, 17 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo da construcción da provincia de Pontevedra

Acta.

Asistentes.

UXT

José C. Rodríguez del Río.

Ramón Misa Costas.

Cesáreo del Campo Villar.

CC.OO.

Marcos González Oliveira.

CIG

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC

Ricardo Mirón Gutiérrez.

Anselmo Hernández Luján.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo, o 22 de xaneiro de 1997, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), reúnense as persoas que figuran á marxe, compoñentes da comisión paritaria, co obxecto de axeita-la xornada vixente para o ano 1997 de 1.768 horas de efectivo traballo; para tal fin consideraranse festivos e aboables para tódolos efectos para o sector, os días:

26 de marzo.

2 de maio.

24 de xullo.

14 de agosto.

31 de outubro.

24, 26 e 31 de decembro.

Esta relación quedará pendente de posible rectificación cando no seu día saia publicado o convenio xeral do sector.

No caso de que coincidise algún festivo por convenio coa festa local, será trasladada ó día laboral inmediatamente anterior.

Facúltase a Yolanda Carballo Muñoz para a presentación desta acta perante a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para efectos da súa homologación e publicación no BOP de Pontevedra.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión e asinan esta acta os asistentes, en proba de conformidade.

Comisión deliberadora do convenio colectivo da construcción da provincia de Pontevedra

Asistentes.

UXT.

José C. Rodríguez del Río.

Ramón Misa Costas.

Cesáreo del Campo Villar.

CC.OO.

Marcos González Oliveira.

CIG.

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC.

Ricardo Mirón Gutiérrez.

Anselmo Hernández Luján.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo, o 22 de xaneiro de 1996, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe, compoñentes da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial da construcción, prevista no artigo 8 deste, co fin de prosegui-las reunións interrompidas con

data 21 de novembro e co obxecto de incorporarlle ó convenio o acordo sectorial da construcción, asinado en Madrid, sobre o concepto económico da antigüidade con data 18 de novembro de 1996 e publicado no BOE o día 21 de novembro de 1996.

Despois de intercambiar unha serie de opinións e, con respecto á súa aplicación, páctase o seguinte:

1. No tocante ó apartado c) do artigo 5 do devandito acordo, que establece: a aplicación durante os anos 96 e 97, con efectos do 1 de xaneiro, un incremento lineal de 10.000 pesetas por ano para tódolos niveis profesionais das táboas salariais , increméntase a táboa existente en 10.000 pesetas dando lugar a unha nova táboa salarial que se aplicará con efectos retroactivos a tódolos traballadores desde o 1 de xaneiro de 1996 e que servirá de base para o incremento que poida pactarse no ano 1997 (anexo I).

2. Para efectos da consolidación que se establece no artigo 5, apartado A), do acordo sectorial nacional da construcción, os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito con data 21 de novembro de 1996, data de publicación do acordo, e a este importe engadiráselle a parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada con data de publicación (21 de novembro) calculándose por defecto ou por exceso por anos completos, é dicir, computarase ano completo cando a fracción deste sexa igual ou superior a 0,50 e non se computarán cando sexa inferior a 0,50. Xúntase táboa coas antigüidades xa consolidadas con data 21 de novembro de 1996. Esta táboa tan só será aplicable a aqueles traballadores que o 21 de novembro de 1996 tivesen, polo menos, dous anos de antigüidade na empresa.

3. Como consecuencia do anteriormente exposto, queda derrogado o artigo 33 do vixente convenio colectivo provincial de Pontevedra.

4. Este acordo entrará en vigor a partir da súa publicación no BOP de Pontevedra.

Facúltase a Yolanda Carballo Muñoz, asesora para a presentación do dito acordo para efectos da súa publicación no BOP de Pontevedra.

E sen nada máis que engadir, levántase a sesión estendéndose a presente acta que asinan, en proba de conformidade, os asistentes.

Táboa de salarios 1996

Salario 14Plus extrasalarialTotalHora extra

NivelPagas iguaisDíaMesanualSen complementos

II148.45662512.5572.216.5112.057,22
III-IV115.54962512.5571.755.8131.601,22
V107.64762512.5571.645.1851.491,71
VI104.31462512.5571.598.5231.445,53
VII103.93762512.5571.593.2451.440,30
VIII103.70262512.5571.589.9551.437,05
IX101.90862512.5571.564.8391.412,19
X99.89562512.5571.536.6571.384,29
XI-XII98.80062512.5571.521.3271.369,12
XIII64.11662512.5571.035.751

Antigüidade consolidada ó día 21-11-1996

NivelCategoría2 anos3 anos4 anos5 anosCada ano máis

IIPersoal titulado superior2.5843.8765.1686.2021.034
IIIPersoal titulado medio1.9912.9873.9824.778796
IVEncargado xeral1.9912.9873.9824.778796
VEncargado xeral de obra1.8492.7743.6984.438740
VIDelineante de 1ª1.7892.6843.5784.294716
VIICapataz1.7822.6733.5644.277713
VIIIOficial 1ª1.7782.6673.5564.267711
IXOficial 2ª1.7452.6183.4904.188698
XAuxiliar administrativo1.7092.5643.4184.102684
XIPeón especializado1.6892.5343.3784.054676
XIIPeón ordinario1.6892.5343.3784.054676

1673