Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.268

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a adxudicación de trece bolsas de colaboracióin en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, convocadas por Orde do 20 de novembro de 1996 (DOG número 1, do 2 de xaneiro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 18 de xaneiro de 1997 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de trece bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 1997, e de conformidade co establecido

na base terceira da referida orde de convocatoria, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder trece bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 122.000 ptas. mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 1997.

Terceira.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

-Proxecto I: Lírica medieval galego-portuguesa

Gutiérrez García, Santiago36082203X

-Proxecto II: Informes anuais de literatura

Romero Triñanes, Mario 76777311E

-Proxecto III: Prosa medieval galego-portuguesa

Campos Souto, Begoña32801717Z

-Proxecto IV: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae

Sueiro Pena, Mª Mar36080505C

-Proxecto V: Dimensións da identidade colectiva

en Galicia

Alejandro Muíños, Xernán Xosé52472750K

Castro Duarte, Alfredo B.35306019F

Viejo Viñas, Raimundo33288176T

-Proxecto VI: Catalogación informática dos fondos

bibliográficos do centro

Iglesias Diéguez, Alfredo36076179N

-Proxecto VII: Construcción, etiquetación

e lematización do corpus do galego

Domínguez Noya, Eva76368945K

García Rodríguez, Susana Mª34980267G

Cabrero Souto, David44125689M

-Proxecto VIII: Construcción dun sintetizador

texto-voz en galego

Losada Soto, Rut34975194Z

Fernández Salgado, Xavier33327216D

1768