Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de febreiro de 1997 pola que se autoriza a posta en funcionamento dos institutos de educación secundaria de Ames e Laracha na provincia da Coruña, e de Alfoz, Rábade e Xove na provincia de Lugo, así como a implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria nestes centros.

O Decreto 356/1996, do 13 de setembro (DOG do 26 de setembro), crea os institutos de educación secundaria que se relacionan no anexo da presente orde.

O Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establece no artigo 21.1º que as administracións educativas poderán dispoñe-la implantación da educación secundaria obrigatoria nun número determinado de centros, con anterioridade ós prazos previstos no mencionado real decreto.

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 356/1996, do 13 de setembro, no artigo 21.1º do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, no Decreto 78/1993, do 25 de febreiro (DOG do 2 de abril), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e na Orde do 25 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio) sobre avaliación na devandita etapa, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento dos institutos de educación secundaria relacionados no anexo da presente orde.

Segundo.-Autoriza-la implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria nestes centros, a partir do curso académico 1996/1997.

Terceiro.-Autoriza-la Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ames.

Localidade: Ames.

Centro: Instituto de Educación Secundaria de Ames.

Código: 150AME01.

Enderezo: A Peregrina, s/n.

Unidades: 12 unidades.

Provincia: A Coruña.

Concello: Laracha.

Localidade: Laracha.

Centro: Instituto de Educación Secundaria de Laracha.

Código: 150LAR01.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, s/n - Toras.

Unidades: 16 unidades.

Provincia: Lugo.

Concello: Alfoz.

Localidade: Alfoz.

Centro: Instituto de Educación Secundaria de Alfoz.

Código: 270ALF01.

Enderezo: estrada de Mondoñedo a Ferreira do Valadouro.

Unidades: 8 unidades.

Provincia: Lugo.

Concello: Rábade.

Localidade: Rábade.

Centro: Instituto de Educación Secundaria de Rábade.

Código: 270RAB01.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro.

Unidades: 12 unidades.

Provincia: Lugo.

Concello: Xove.

Localidade: Xove.

Centro: Instituto de Educación Secundaria de Xove.

Código: 270XOV01.

Enderezo: Lugar Agramonte-Xove.

Unidades: 8 unidades.

1805