Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de febreiro de 1997 pola que se autoriza a implantación do novo bacharelato nas súas distintas modalidades en determinados centros.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 27 de xaneiro de 1994, autorizou a implantación do novo bacharelato en distintos centros da Comunidade Autónoma.

De acordo coa liña iniciada e co fin de lles dar continuidade nos estudios ós alumnos que, tendo superadas as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, demanden o acceso ó novo bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede a autorización da implantación en determinados centros das modalidades de bacharelato previstas no Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorízase os centros que se relacionan no anexo da presente orde para implantaren de xeito progresivo o bacharelato segundo o currículo aprobado polo Decreto 275/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-A implantación das ensinanzas do novo sistema educativo suporá a extinción progresiva dos grupos correspondentes a planos de estudios derivados da Lei 14/1970, do 4 de agosto, agás as excepcións que, debidamente xustificadas, sexan autorizadas por esta consellería.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

1. I.E.S. Romero Lema. Baio-Zas.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

c) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

2. I.E.S. Porto do Son.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

3. I.E.S. Teo.

Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

-Provincia: Lugo.

4. I.E.S. San Cibrao-Cervo.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

5. I.F.P. Viveiro.

Bacharelato de tecnoloxía.

-Provincia: Pontevedra.

6. I.F.P. Marín.

Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

7. I.F.P. Pedra da Auga. Ponteareas.

Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

1732