Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de febreiro de 1997 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado de educación infantil A Casiña Lagunas de Ourense.

Examinado o expediente incoado por Benigno Moure Cortes, en representación de Cáritas Diocesana de Ourense titular do centro privado de educación infantil A Casiña Lagunas de Ourense, en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Antonio Pol González, a Fundación San Rosendo asume tódalas responsabilidades e compromisos contraídos por Cáritas Diocesana de Ourense relacionados cos centros que vai xestiona-la devandita fundación.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado de educación infantil A Casiña Lagunas de Ourense, a favor de Fundación San Rosendo, con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola cesionista Cáritas Diocesana de Ourense, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1733