Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de marzo de 1997 pola que se complementa e modifica a do 16 de decembro de 1996 pola que se convocan axudas para a formación continua de profesores e formadores de linguas estranxeiras de acordo coa Acción B do Programa Lingua (capítulo 3 do Programa Sócrates).

Dados os cambios establecidos nos mecanismos de financiamento para o Programa Sócrates, que orixinan un incremento orzamentario para a realización de cursos de formación continua para profesores e formadores de linguas estranxeiras, parece oportuna a modificación da Orde do 16 de decembro de 1996 no que se respecta ó prazo de presentación de solicitudes para as actividades que se realicen durante o mes de agosto.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a data que figura na Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG 16-1-1997), no seu artigo 5, onde establece o prazo de presentación de solicitudes. A data de presentación de solicitudes, unicamente para actividades a realizar exclusiva

mente durante o mes de agosto, queda ampliada ata o 31 de marzo.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Celso Curras Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

1706