Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 1997 Páx. 2.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, as contratacións da obra de montaxe e desmontaxe da exposición Galicia, Terra Única (sete lotes) e do servicio de realización de 2 anuncios publicitarios de promoción Galicia, Terra Única.

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación da obra e do servicio:

-Montaxe e desmontaxe da exposición Galicia, Terra Única.

-Orzamento de licitación (sete lotes): cento setenta e seis millóns cincocentas oitenta e cinco mil duascentas setenta e tres pesetas (176.585.273 ptas.), IVE incluído.

-Orzamento de licitación por lotes:

* Lote I-Lugo: Galicia castrexa e romana.

Orzamento de licitación: trinta e tres millóns cincocentas setenta e dúas mil seiscentas cincuenta pesetas (33.572.650 ptas.), IVE incluído.

* Lote II-Ourense: Galicia románica e gótica.

Orzamento de licitación: vinte millóns duascentas cinco mil novecentas setenta e cinco pesetas (20.205.975 ptas.), IVE incluído.

* Lote III-Santiago de Compostela: Galicia renace.

Orzamento de licitación: trinta e sete millóns duascentas vintecinco mil novecentas oito pesetas (37.225.908 ptas.), IVE incluído.

* Lote IV-Pontevedra: O século XIX.

Orzamento de licitación: vinteseis millóns setecentas cincuenta mil cincocentas vinteoito pesetas (26.750.528 ptas.), IVE incluído.

* Lote V-Vigo: A Galicia exterior.

Orzamento de licitación: catorce millóns catrocentas cincuenta e tres mil oitocentas trinta e dúas pesetas (14.453.832 ptas.), IVE incluído.

* Lote VI-Ferrol: Galicia 1900-1990 e Galicia 1990-1997.

Orzamento de licitación: trinta e catro millóns setecentas oitenta e catro mil catrocentas cincuenta e seis pesetas (34.784.456 ptas.), IVE incluído.

* Lote VII-A Coruña: Galicia hoxe.

Orzamento de licitación: nove millóns cincocentas noventa e unha mil novecentas vintecatro pesetas (9.591.924 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: sete (7) meses.

-Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 5, categoría E.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Realización de dous (2) anuncios publicitarios de promoción Galicia, Terra Única.

-Orzamento de licitación: trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Exposición da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, terá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de primeira contratración (montaxe e desmontaxe da exposición), a documentación xeral (sobre A) poderá ser común para tódolos lotes ós que opten os licitadores.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

1745