Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 1997 Páx. 2.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia concurso público coa intervención de xurado de acordo co disposto no artigo 216 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, para a adxudicación da redacción do proxecto de obra con expediente 301/1997.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 301/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: redacción dun proxecto de obra de construcción dunha pista polideportiva cuberta para a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB de Pontevedra.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso público con intervención de xurado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 2.837.126 pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: rúa Oporto, 1-2º planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2. Domicilio: rúa Oporto, 1-planta baixa.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variante: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Oporto, 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 25 de febreiro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1744