Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 1997 Páx. 2.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria dos aspirantes a vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

Con data de hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia o pacto sobre vinculacións temporais de persoal estatutario que presta os seus servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, subscrito con data do 28 de febreiro de 1997 pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e SATSE, ésta última central en condición de adherida.

A norma xeral 4ª dispón que, unha vez publicado o pacto no Diario Oficial de Galicia, se convocarán

os aspirantes mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

Por isto, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes interesados en presenta-la súa solicitude de inscripción nas listas que se confeccionen en aplicación do pacto, no prazo máximo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no modelo formalizado, xuntando a ela os xustificantes dos requisitos esixidos e méritos alegados. A presentación de solicitudes resulta requisito imprescindible para adquiri-la condición de aspirante inscrito na lista.

Os modelos de solicitude facilitaranse nas direccións provinciais do Sergas, nos centros hospitalarios e nas xerencias de atención primaria dependentes daquelas.

Segundo.-Será preciso, en todo caso, que os aspirantes acrediten, con documentos orixinais ou copias fotoestáticas compulsadas, os méritos relativos á situación de desemprego, nos termos previstos nos correspondentes baremos do pacto. Sen embargo non será preciso achegar certificación ou documentos xustificativos dos requisitos habilitadores e méritos relativos á experiencia profesional, formación académica, formación especializada e formación continuada e coñecementos da lingua galega xa tidos en conta baixo a vixencia dos anteriores pactos e que polo tanto aparecen, deste xeito, recollidos no expediente dos aspirantes.

Tampouco será preciso acreditar documentalmente a superación do exercicio ou exercicios da fase de oposición da convocatoria do Sergas, xa que se dispón destes datos de xeito acreditativo nas direccións provinciais do organismo.

Só se valorarán os méritos acreditados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación no DOG desta convocatoria de acordo co disposto na citada norma xeral 4ª do pacto.

Será absolutamente necesario para a admisión e, se é o caso, valoración dos méritos dos aspirantes que acheguen as certificacións acreditativas deste dentro do prazo de presentación de solicitudes. Calquera certificación achegada fóra do indicado prazo será rexeitada e excluída da valoración.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

1775