Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de febreiro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Rouco Ríos número 7.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado,

proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Rouco Ríos número 7.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 10, Cangas H.

Data da concesión: 30-5-1975.

Data do remate da última prórroga: 8-12-2004.

Anteriores concesionarios: Vicente Martínez Núñez e Mª Jesús Portela Diz.

Novo titular da concesión: Jesús Portela e Hijos, S.L.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 3 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1200