Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación do seguinte servicio: alugueiro e montaxe de casetas nas feiras culturais de Galicia.

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia a contratación do seguinte servicio:

-Alugueiro e montaxe de casetas nas feiras culturais de Galicia.

Orzamento de licitación: dezanove millóns cincocentas mil pesetas (19.500.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposicións dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

1199