Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun posto institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no XI Salón Internacional do Club de Gourmets.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

1. Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun posto institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no XI Salón Internacional do Club de Gourmets, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

2. Orzamento de licitación: trece millóns de pesetas (13.000.000 de ptas.).

3. Fianza provisional: duascentas sesenta mil pesetas (260.000 ptas.).

4. Fianza definitiva: cincocentas vinte mil pesetas (520.000 ptas.).

5. Prazo de execución: 29 de abril de 1997.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría C.

7. Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

8. Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do 7 de abril de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar no acto público ás 13 horas do día 10 de abril de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, situada no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239,

14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1676