Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de incendios 151I/1995 e 031I/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non seren posibles as súas notificacións.

O importe das sancións farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte de que estas resolucións sexan executivas. Para efectualo, deberán emprega-los impresos normalizados que se lles facilitarán nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igual

mente a partir do día seguinte ó de publicación destas notificacións.

Transcorrido o plazo de interposición do recurso sen que este se presente, estas resolucións serán executivas para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 151I/95.

Denunciado: Gómez Manteiga, B. Manuel.

DNI: 46.917.322.

Último enderezo coñecido: Agra de Bragua, 11-1 Esq. (A Coruña).

Feitos denunciados: queima sen autorización e sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138.A.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

-Expediente: 031I/96.

Denunciado: Vieito Rivas, José.

DNI: 32.288.559.

Último enderezo coñecido: San Lourenzo, 14-1 Esq., (A Coruña).

Feitos denunciados: queima sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137.B.

Cualificación: grave.

Sanción: 7.500 ptas.

97-1741