Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de febreiro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea BG número 2.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG número 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: BG número 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula número 80, Redondela A.

Data da concesión: 25-2-1955 (BOE número 71).

Data do remate da última prórroga: 15-3-2005.

Anterior concesionario: Enma Paredes Pequeño.

Novos titulares concesión: Javier Rouco Paredes.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 3 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado Territorial de Vigo

1519