Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/50-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Plaza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. de 100 kVA e R.B.T.

Situación: Couceiro. Muxía.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 347 m de lonxitude, con orixe no apoio número 135 da liña Pontella-Os Muíños e remate no C.T. que se vai instalar en Couceiro.

Centro de transformación aéreo de 100 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Couceiro, con rede de baixa tensión discorrendo polo lugar sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 689 m de lonxitude. Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

631