Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/337-4).

Visto o expeidente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. con peirao-C.T. O Con.

Situación: concello de Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Con peirao rematando no C.T. do Con, concello de Moaña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polso ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

874