Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/16-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Plaza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. de 400 kVA e R.B.T.

Situación: Carnota.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV que parte do apoio número 149 da L.M.T. Pontella-Alivia expediente 27.856 e final no C.T. que se vai contruír no edificio As Breas de 220 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm Al).

C.T. tipo interior de 400 kVA a 20 kV B2 e axuste á rede de baixa tensión cunha liña en R.Z. de 501 m. Carnota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1524