Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/15-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966,

sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Plaza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Risamonde e Castelos.

Situación: Muxía.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 628 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte do apoio número 1 da L.M.T. a C.T. Senande e final no C.T. Castelos, de 100 kVA, tipo aéreo, a 20 kV B2.

Rede de baixa tensión de 1.002 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1525