Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de febreiro de 1997 pola que se convoca concurso público para a adquisición de equipamento para a ampliación da Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, dependente desta consellería (expediente 5797).

Advertido erro na publicación da devandita resolución, publicada no DOG nº 44, do 5 de marzo pasado, na páxina 1.984, no punto 7 (presentación das ofertas ou das solicitudes de participación), onde di: «Fecha límite de presentación: 21 de abril ás 14 horas», debe dicir: «Data límite de presentación: 25 de abril ás 14 horas».

No punto 8 (apertura das ofertas), onde di: «Data: 24 de abril a partir das 12 horas», debe dicir: «Data: 29 de abril a partir das 12 horas».

1525