Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de febreiro de 1997 pola que se convoca concurso público para a adquisición de diverso material mobiliario para o laboratorio, aula de informática e biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, dependente desta consellería (expediente 2897).

Advertido erro na publicación da devandita resolución, publicada no DOG nº 44, do 5 de marzo pasado, na páxina 1.983, no punto 7 (presentación das ofertas ou das solicitudes de participación), onde di: «Fecha límite de presentación: 21 de abril ás 14 horas», debe dicir: «Data límite de presentación: 25 de abril ás 14 horas».

No punto 8 (apertura das ofertas), onde di: «Data: 24 de abril a partir das 13 horas», debe dicir: «Data: 29 de abril a partir das 13 horas».

1754