Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de febreiro de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Hijas de Cristo Rey do Carballo-Oleiros; Sagrado Corazón de Ferrol; Bayón de Ribeira; La Purísima de Ourense; e Santo Ángel de Ourense.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, nos que solicitan auto

rización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Hijas de Cristo Rey do Carballo-Oleiros (A Coruña); Sagrado Corazón de Ferrol (A Coruña); Bayón de Ribeira (A Coruña); La Purísima de Ourense; e Santo Angel de Ourense.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización surtirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os Reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Municipio: Oleiros.

Localidade: O Carballo.

Enderezo: Avda. Miguel Hernández, 2.

Denominación específica: Hijas de Cristo Rey.

Titular: Congregación Hijas de Cristo Rey.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato 4 unidades coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: A Coruña.

Municipio: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: estrada de Castela, 160.

Denominación específica: Sagrado Corazón.

Titular: M M Mercedarias.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato 4 unidades coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: A Coruña.

Municipio: Ribeira.

Localidade: Ribeira.

Enderezo: Cubeliño, 33.

Denominación específica: Bayón.

Titular: Enseduca, Sociedad Anónima Laboral.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Ourense.

Municipio: Ourense.

Localidade: Ourense.

Domicilio: Santo Domingo, 32.

Denominación específica: La Purísima.

Titular: Hijas de la Caridad.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Ourense.

Municipio: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Ervedelo, 41.

Denominación específica: Santo Ángel.

Titular: Hijas de la Divina Pastora Calasancias.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

1788