Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se establecen axudas para dotacións e adquisicións de equipos para a defensa contra incendios forestais durante o ano 1997.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 45, do 6 de marzo de 1997, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 2.021, na marxe esquerda e parte baixa do modelo, no apartado de SOLICITUDE DE ANTICIPO, onde di: «En conformidade... para as axudas abranguidas na liña I», debe dicir: «En conformidade... para as axudas comprendidas na orde».

-Na páxina 2.022, no anexo 0, no recadro onde se menciona a orde, debe suprimirse a referencia da data «DO 26 DE ABRIL DE 1996» e deixar en branco o devandito espacio.

1628